O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, organiza un novo Faladoiro, esta vez con Juan Prieto e Faustino Patiño, Prieto Patiño Arquitectura, coa finalidade de compartir experiencias e reflexionar sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o interese pola construción en madeira. A cita será o mércores, 19 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Taberneiro, de Santiago de Compostela.
O estudo destaca por empregar a madeira como un material versátil que une técnica e emoción, adaptándose a cada contexto e reivindicando o seu valor contemporáneo na arquitectura galega.
Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción e rehabilitación con madeira. Non existe máis pretensión que compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.
Outros Faladoiros celebrados
Este ciclo, que xa se celebrou con Arrokabe Arquitectos, Abalo Alonso Arquitectos e Iván Cotado, trata de emulas ás antigas tertulias que se celebraban en Compostela e que reunían aos grandes intelectuais da época. Estes Faladoiros buscan fomentar un espazo de diálogo e aprendizaxe mutuo, onde compartir diferentes perspectivas e opinións dos profesionais do sector.
Para participar, cómpre inscribirse posto que o aforo é limitado para propiciar ese diálogo.