CONSTRUCIÓN DE MADEIRA

As empresas do Clúster teñen que seguir dándolles visibilidade, sobre todo neste momento no que se prevé que co auxe da bioeconomía e da economía circular, a construción en madeira teña un importante repunte nos próximos anos.

Por outra banda, desenvolveranse actuacións que sigan poñendo en valor o uso da madeira na construción, e colaboracións entre prescriptores e industria para favorecer o uso correcto da madeira no proceso construtivo. Estas actuacións tratan de garantir o correcto deseño construtivo, recollida, instalación e mantemento dos elementos de madeira.

O obxectivo é axudar a todos os axentes que interveñen no proceso de construción da madeira a proporcionar fiabilidade, garantías e prestixio na utilización da madeira en obra, estimulando así a demanda do consumidor/usuario final.

Ademais, realízanse unha serie de actos de comunicación e sensibilización co obxectivo de promover o uso da madeira na construción e rehabilitación.

Modify cookies