Plan Estratéxico da CIMA 2025-2028

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia redefine o seu futuro con CIMA, un Plan Estratéxico que aspira transformar o sector da madeira galego.

CIMA, Colaboración, Innovación, Sustentabilidade e unha clara aposta pola canle Contract supoñen un cambio de rumbo ambicioso para abordar os desafíos aos que se enfronta o sector da madeira.

Tras case 25 anos de evolución, CIMA preséntase como un proceso transformador que redefine a súa relación co ecosistema madeireiro de Galicia. Superou unha avaliación exhaustiva por parte do Ministerio de Industria e Turismo, que levou ao Clúster a renovar o seu recoñecemento como Agrupación Empresarial Innovadora, rexistro do que forma parte desde 2008.

O Clúster preséntase cunha nova Misión, Visión, Valores, Proposta de Valor e Principios de Actuación, que nos permitirán iniciar un período de crecemento, con novos obxectivos, iniciativas e proxectos que posicionarán ao CMD como un referente nacional no sector da madeira.

MISIÓN

Promovemos novas formas de engadir valor ao ecosistema da madeira de Galicia, identificando obxectivos e oportunidades comúns para orquestrar a colaboración en iniciativas innovadoras.
O Clúster é o punto de encontro do ecosistema da madeira de Galicia. Promovemos a comunicación entre os axentes da industria para identificar oportunidades e obxectivos comúns, orquestrar iniciativas e proxectos de colaboración e catalizar solucións innovadoras que xeren valor para os nosos membros e a nosa comunidade.

VISIÓN

Posicionar ao Clúster como referente nacional no sector da madeira, recoñecido por promover a colaboración e a innovación na xestión, os procesos e o deseño. O Clúster busca a excelencia xerando alto valor, competitividade e diferenciación en toda a cadea de valor, así como estando ben posicionado en redes de colaboración internacionais.

PROPOSTA DE VALOR DE CMD

O Clúster é o epicentro da colaboración e a innovación no sector da madeira.
Facilitamos as conexións entre empresas, institucións e as partes interesadas clave, promovendo alianzas estratéxicas e proxectos colaborativos que impulsan a competitividade e xeran valor tanxible.

AS 3C's DO CLÚSTER:

COLABORAR:

Fomentar unha estreita cooperación entre as empresas e institucións do clúster, identificando necesidades comúns e oportunidades externas que poidan fomentar iniciativas e proxectos de colaboración.

Ampliar a nosa rede de colaboración no estranxeiro, creando lazos con actores externos como empresas, institucións e outros clústeres europeos, fortalecendo a nosa capacidade de innovación.

CAPACITAR:

Facilitar a formación continua e o desenvolvemento profesional dos nosos asociados a través de programas de formación especializados, obradoiros e cursos, mellorando o seu talento e a súa competitividade no mercado.

Proporcionar acceso a información actualizada e ás mellores prácticas do sector, garantindo que os nosos asociados se manteñan ao día das últimas tendencias e avances.

COMUNICAR:

Comunicar de forma continua e eficaz as nosas actividades e logros ao público e a outras partes interesadas clave do sector, e traballar activamente para
mellorar a percepción do sector.

12 PROGRAMAS ESTRATÉXICOS ARTICULADOS NAS NOSAS 3Cs

MÁRKETING E  COMUNICACIÓN

REDES

DESEÑO  INDUSTRIAL

CONSTRÚE

TRANSFORMACIÓN  DIXITAL (IA E BIG DATA)

GRUPOS  DE TRABALLO

CRECEMENTO  E INTEGRACIÓN DO CONTRACT

CRECEMENTO E  DIVERSIFICACIÓN

OFICINA  DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS

ACADEMIA  LIGNUM EXCELLENCE

PRESCRICIÓN

EXPANSIÓN  INTERNACIONAL

Modify cookies