MEMBROS DE HONRA DO CMD

No ano 2009, o Clúster da Madeira eo Deseño de Galicia estableceu a figura de socio de honra para destacar o labor de promoción e aposta polo uso da madeira por parte de particulares, institucións ou colectivos empresariais.

Ata o momento, o CMD conta con 12 socios de honra que apostaron por este material natural.

XOSÉ OTERO POMBO, SOCIO DE HONRA EN 2009

O primeiro socio de honra do CMA non podía ser outro como Xosé Otero Pombo, polo seu valioso labor promovendo e apostando polo uso da madeira como material de construción ao longo da súa longa traxectoria profesional.

Otero Pombo ten a madeira como un dos eixos fundamentais nos que se basean as súas obras.


XOSÉ LOIS MARTÍNEZ, SOCIO DE HONRA ANO 2010

Arquitecto e investigador da Universidade da Coruña, Xosé Lois Martínez ten a madeira como referente nas súas obras, tanto profesionais como académicas. Promotor e defensor de numerosos proxectos realizados neste material.

Ademais, Xosé Lois caracterizouse por facer unha defensa convencida deste material en todas as súas intervencións públicas.


CONSORCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, SOCIO DE HONRA ANO 2011

Na súa terceira edición, o recoñecemento de socio de honra recaeu no Consorcio de Santiago de Compostela por ter a madeira como referente na rehabilitación de edificios históricos que promove e por facer unha defensa convencida deste material ante a sociedade.

O Consorcio transmitiu á perfección a importancia dunha construción sostible e respectuosa co medio ambiente para unha cidade histórica e a promoción de novas personalidades que aposten por este material.


GRUPO INDITEX, SOCIO DE HONRA EN 2012

O Grupo Inditex foi elixido este ano como socio de honra pola realización de actuacións moi concretas para acadar a eficiencia enerxética, o que demostra o seu compromiso co medio ambiente: construción de tendas sostibles, uso de materiais respectuosos co medio ambiente, apoio a proxectos ambientais, etc.

Ademais, a empresa sempre mostrou o seu compromiso con Galicia, cos seus materiais e coas empresas galegas.


COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA, SOCIO DE HONRA ANO 2013

COAG foi nomeado socio de honra por ter a madeira como referente en todas as súas exposicións públicas así como por facer sempre unha defensa convencida deste material.

Ao longo dos anos, trasladou a importancia da construción sostible e respectuosa co medio ambiente para as cidades históricas e a promoción de novos profesionais comprometidos con este material.

Ademais, historicamente, sempre colaborou co Clúster na defensa do traballo que realizan as empresas do sector.


FUNDACIÓN JUANA DE VEGA, SOCIO DE HONRA ANO 2014

A Fundación Juana de Vega conta cun historial impecable en defensa da sustentabilidade, defensa dos recursos naturais e formación. Ademais, destaca pola promoción e axuda das obras galegas a través dos Premios de Arquitectura Juana de Vega.


ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ARQUITECTURA DA CORUÑA, SOCIO DE HONRA ANO 2015

Este recoñecemento súmase aos vínculos existentes entre o traballo desenvolvido pola Escola, como docente e investigadora, e o mundo da empresa e a economía.

O Clúster cre firmemente na importancia da formación e sensibilización dos usos da madeira dende as aulas. Só dende o coñecemento podemos avanzar no futuro


TOMÁS ALONSO, SOCIO DE HONRA ANO 2016

Tomás Alonso, como artesán cosmopolita, recolle todos os valores que en CMD tratamos de proxectar: utiliza materiais de forma sobria, suave e práctica e non hai fronteira entre arte e deseño.

A súa sensibilidade e o seu amor artístico pola madeira convérteno no mellor embaixador internacional do Clúster.


FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN, SOCIO DE HONRA ANO 2017

Entre as múltiples accións levadas a cabo pola Fundación, destaca a posta en marcha do Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, en colaboración con outro dos nosos socios de honra, o Consorcio de Santiago de Compostela. Este Centro será o primeiro de España de formación especializada e reciclaxe no ámbito da rehabilitación de traballadores e empresas da construción, formando cada ano a máis de 2.000 profesionais.

A súa aposta pola formación e a súa decidida defensa da madeira foron claves para ser este ano o socio de honra do Clúster.


UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, SOCIO DE HONRA ANO 2018

A Universidade de Santiago de Compostela fai unha clara aposta polo coñecemento e a formación a través do Máster Universitario en Enxeñaría da Madeira Estrutural promovido por PEMADE (Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural), no Campus de Lugo, desde finais de 2008. Ademais, o traballo de potenciación destaca o valor da madeira como material de futuro, destacando este material en diferentes comparecencias públicas. O CMD tamén quixo destacar o esforzo da anterior dirección por crer e defender os valores da madeira, impulsando a construción da próxima Facultade de Medicina compostelá.


VENANCIO SALCINES, SOCIO DE HONRA ANO 2019

O economista, empresario e profesor Venancio Salcines leva anos traballando na defensa e apoio da madeira, do sector e da súa viabilidade económica. Ademais, comparte interesantes reflexións coas que axuda a difundir os valores da madeira na sociedade.


SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (2022)

En 2020, tras o confinamento, a CMD asinou un convenio de colaboración co Clúster Saúde de Galicia para traballar conxuntamente na procura de solucións seguras e fiables no retorno á normalidade. O maridaxe saúde-madeira é indisoluble, agora máis que nunca, no que cobraron especial protagonismo conceptos como a biofilia, a sustentabilidade e a mellora da calidade de vida. O SERGAS está a realizar un importante labor para humanizar e contribuír a un maior benestar dos usuarios e do persoal sanitario.


SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (2022)

En 2020, tras o confinamento, a CMD asinou un convenio de colaboración co Clúster Saúde de Galicia para traballar conxuntamente na procura de solucións seguras e fiables no retorno á normalidade. O maridaxe saúde-madeira é indisoluble, agora máis que nunca, no que cobraron especial protagonismo conceptos como a biofilia, a sustentabilidade e a mellora da calidade de vida. O SERGAS está a realizar un importante labor para humanizar e contribuír a un maior benestar dos usuarios e do persoal sanitario.

Modify cookies